Asociación
La “Asociación Gallega para la promoción del Savate” se creó con el fin de ayudar a promover nuestro deporte en la Comunidad Gallega.
Como los estatutos de una asociación son
públicos, los presentamos aqui para quien desee informase.
ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN GALEGA PARA O DESENVOLVEMENTO DO SAVATE
CAPÍTULO I – DA ASOCIACIÓN EN XERAL
Artigo 1º.- Constitúese en A CORUÑA unha Asociación sen ánimo de lucro que se denominará
“ASOCIACIÓN GALEGA PARA O DESENVOLVEMENTO DO SAVATE”
A Asociación rexerase polos presentes Estatutos, pola lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociacións e pola demais legislación existente en materia de Asociacións que lle sexa aplicable.
Artigo 2º.- Son fins principais da Asociación:
O desenvolvemento e promoción da práctica do SAVATE en todas a súas modalidades en Galicia.
As modalidades do Savate son:
- Savate Boxeo Francés
- Savate Defensa (defensa personal)
- Savate Forma
- Baston de combate
- Baston Defensa
Artigo 3º.- Para levar a cabo os seus fins, poderá a Asociación organizalas seguintes actividades:
Organización y participación en eventos, cursos e outros
- Publicacións tanto en papel como digitais
- Calquera actividade que permita o desenvolvemento e a promoción da práctica do Savate en Galicia
Como Asociación sen ánimo de lucro destinarase ós devanditos fins polo menos o setenta por cento das rendas netas e outros ingresos que se obteñan por calquera concepto exceptuándose as aportacións efectuadas en concepto de dotación patrimonial. Os asociados e familiares non serán os principias destinatarios das actividades realizadas pola Asociación.
Artigo 4º.- O domicilio principal3 e permanente da Asociación radicará na localidade de A CORUÑA rúa de Alcalde Liaño Flores, s/n C.P. 15011 teléfono 881 91 80 91.
Poderánse utilizar outros locais asociativos adicionais noutras cidades, mediante acordo da Xunta Directiva, que terá atribucións para cambiar, tanto o domicilio como os locais, dando conta do seu acordo ó Organismo encargado do Rexistro de Asociacións.
Artigo 5º.- A Asociación en funcións dos seus fins e da ubicación do seu domicilio social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 6º.-
- A duración desta Asociación é de carácter indefinido e só se disolverá, conforme a estes Estatutos, pola vontade dos asociados expresada en Asamblea Xeral extraordinaria ou polas causas previstas na legislación vixente.
- A Asociación rexerase segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución e o resto do ordenamento xurídico.
CAPÍTULO II – DOS SOCIOS
Artigo 7º.- Poderán ser integrantes da Asociación tódalas aquelas persoas físicas ou xurídicas, con plena capacidade de obrar ou tralo acordo do órgano competente da persona jurídica.
Artigo 8º.- Dentro da Asociación poderán existi-las seguintes clases de asociados:
a) Fundadores, aquelas persoas que subscribiron a Acta Fundacional.
b) Numerarios, aquelas persoas que ingresaron con posterioridade á subscrición da acta fundacional.
c) Honorarios, aquelas persoas que, a xuízo da Asemblea Xeral, axuden de xeito notable ó desenvolvemento dos fins da asociación.
d) Infantís, aquelas persoas menores de 18 anos que participen na Asociación, que estarán integradas na sección infantil.
Artigo 9º.- Os asociados e asociadas teñen os seguintes dereitos:
Tomar parte nas Asembleas con voz e voto.
- Poder elexir e ser elexidos para cargos directivos.
- Tomar parte en cantas actividades organice a Asociación en cumprimento dos seus fins.
- Disfrutar de tódolas vantaxes e beneficios que a Asociación poda obter.
- Ter copia destes Estatutos.
- Ser informados sobre a composición da Xunta Directiva.
- Recibir información sobre os acordos adoptados polos órganos da Asociación.
- Facer suxerencias ós membros da Xunta Directiva en orde a mellora-lo cumprimento dos fins da Asociación.
- Que se lle poña de manifesto o estado de contas e ingresos e gastos da Asociación tódolos anos, así como o desenvolvemento da súa actividade.
Artigo 10º.- Son obrigas dos asociados e asociadas:
- Prestar cantos servicios determinen os Estatutos, o Regulamento de Réxime Interno e os acordos das Asembleas Xerais.
- Desempeña-los cargos para os que foron elexidos.
- Asistir ás Asembleas Xerais.
- Satisface-las cuotas que se establezan.
- Observar unha boa conducta individual e cívica.
- Cumpri-los acordos da Asamblea Xeral e o contido dos Estatutos.
Artigo 11º.- Os asociados e asociadas honorarios e infantís non interverán na dirección da Asociación nin nos órganos de representación da mesma, pero están facultados para asistir ás Asambleas Xerais con voz, pero sen voto.
Artigo 12º.- Os acordos de admisión de asociados e sociadas tomaraos a Xunta Directiva, unha vez recibida a petición escrita da persoa que desexa ser admitida. No caso de menores de idade e persoas que actuen a través de representante a solicitude deberá ser autorizada polo representante, pai ou tutor do solicitante e se acompañará unha acreditación da identidade do solicitante.
Artigo 13º.- A condición de asociado pérdese:
- Por vontade propia.
- Por falta de pago nas cuotas.
- Por realización de accións que perxudiquen gravemente ós intereses da Asociación.
- Por expediente disciplinario.
Artigo 14º.- A expulsión de asociados e asociadas será acordada pola Xunta Directiva, previa audiencia do interesado/a. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral extraordinaria e contra a súa resolución poderase recurrir ante a xurisdicción ordinaria.
Cando a baixa se produza por vontade dun/unha asociado/a, éste/a deberá realizar unha petición escrita e procederá ó aboamento previo de tódalas cuotas que teña pendentes.
Artigo 15º.- Os asociados/as poderán pedir a separación temporal por escrito. A Xunta Directiva poderá acorda-la separación temporal dun asociado cando se esté tramitando un expediente sancionador, ou concurran causas xustificados que o aconsellen, tales como o retraso no pago dalgunha cuota, ou comportamentos que afecten a boa marcha dalgún dos fins da Asociación. O expediente sancionador recollerase no Regulamento de réxime interno, pero en todo caso a Resolución poderase recorrer perante a xurisdicción ordinaria.
CAPÍTULO III – DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN
Artigo 16º.- A dirección e administración da Asociación serán ejercidas polo Presidente, a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.
Artigo 17º.- O Presidente da Asociación asume a representación legal da mesma e executará os acordos adoptados pola Xunta Directiva e a asamblea Xeral, presidindo as sesións que celebre unha e outra.
O Presidente será designado pola Asemblea Xeral entre socios que teñan polo menos 1 ano de antigüedade e o seu mandato durará 4 anos.
Artigo 18º.- A Xunta Directiva estará formada por un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario, un Tesoreiro e tres vocais, cargos que deberán recaer en asociados/as que leven polo menos un ano na Asociación.
Artigo 19º.- Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán gratuitos, sen prexuizo do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados, e deberán carecer de interés económico nos resultados da actividade por si mesmos ou por persoa interposta.
Elexiranse pola Asemblea Xeral os cargos e durarán un período de 4 anos, aínda que poden ser obxecto de reelección indefinidamente. Os cargos da Xunta Directiva renovaranse por metade. No primeiro turno serán renovados o Vicepresidente, o Tesoreiro e un Vocal e no segundo, o ano seguinte, o Presidente, o Secretario e os outros dous vocais. O primeiro mandato dos cargos do segundo turno de renovación durará 1 ano mais. O persoal de secretaría, se o houbese, será nomeado pola Xunta Directiva, que acordará ademais a súa retribución.
Artigo 20º.- É función da Xunta Directiva programar e dirixi-las actividades asociativas e levar a xestión administrativa e económica da Asociación, someter á aprobación da Asemblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior.
Así mesmo procederá a convocar e fixa-la data da Asemblea Xeral, fízalas cuotas ordinarias e extraordinarias que se aproben, designa-las Comisións de traballo ou seccións que se estimen oportunas para o bo funcionamento da Asociación, dictar normas interiores de organización e exercer cantas funcións non estean expresamente asignadas á Asemblea Xeral. Corresponderalle tamén todas aquelas outras actividades que lle sexan transferidas pola Asemblea.
Artigo 21º.- A Xunta Directiva celebrará as súas sesións cantas veces o determine o Presidente ou o Vicepresidente, a iniciativa propia ou a petición de calquera dos seus compoñentes. Será presidida polo Presidente e, na súa ausencia, polo Vicepresidente ou o Secretario, por esta orde, e, a falta de ambos, polo membro da Xunta que teña mais idade.
Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos deberán ser adoptados pola maioría de votos dos asistentes, sendo necesaria a concorrencia, polo menos, de seis dos seus membros. No caso de empate decidirá o voto do Presidente.
O Secretario ou, no seu defecto, o Vicepresidente levantará acta das sesións, que se transcribirá ó libro de actas.
Artigo 22º.- Os membros da Xunta Directiva presidirán as comisións que a propia Xunta acorde constituir, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de recabar das mesmas as informacións necesarias. Formarán parte, ademais, das ditas comisións o número de vocais que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos seus respectivos presidentes.
Cando as necesidades o aconsellen, a Xunta Directiva poderá acordar que as comisións se desdoblen en subcomisións.
Artigo 23º.- A Asamblea Xeral de asociados e asociadas é o órgano de expresión da vontade da Asociación e estará formada por tódolos integrantes da mesma. O Presidente e o Secretario da Asemblea serán os mesmos que os da Xunta Directiva.
Artigo 24º.- A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario como mínimo unha vez ó ano, e con carácter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, ou o soliciten o 10% dos socios. Neste último caso realizarase por medio de escrito dirixido ó Presidente, autorizado coas firmas dos solicitantes, no que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do día.
Artigo 25º.- A Asemblea Xeral ordinaria reunirase necesariamente dentro dos seis primeiros meses de cada ano. Tanto a Asemblea ordinaria como a extraordinaria serán convocadas con 15 días de antelación polo/a presidente/a da Xunta Directiva.
A notificación farase nos locais da Asociación para as Asambleas Ordinarias e no domicilio dos asociados para as Asembleas extraordinarias.
Artigo 26º.- Serán competencias da Asemblea Xeral ordinaria:
- Aproba-la acta da reunión anterior.
- Aproba-lo plan de actividades.
- Examinar e aproba-la memoria de actividades.
- Examinar e aproba-las contas e balances do exercicio anterior.
- Aproba-los presupostos de ingresos e gastos para cada exercicio.
- Exame e aprobación das cuotas.
Artigo 27º.- Serán competencias da Asemblea Xeral extraordinaria:
- Modifica-los Estatutos da Asociación.
- Elixi-los integrantes da Xunta Directiva.
- Aproba-la federación con outras Asociacións.
- Autoriza-lo alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais.
- Acorda-la disolución da Asociación.
- Designa-los/as liquidores/as.
- Ratifica-la expulsión de asociados e asociadas a proposta da Xunta Directiva.
- Solicita-la declaración de utilidade pública da Asociación.
- Aproba-lo regulamento de réxime interno da Asociación.
- As que sendo de competencia da asemblea ordinaria, por razóns de urxencia ou necesidade, non poidan espera-la súa convocatoria, sen grave perxuizo para a Asociación.
- Tódalas non conferidas expresamente á Asemblea Xeral ordinaria ou a Xunta Directiva.
Artigo 28º.- Para que as asembleas poidan tomar acordos, integraranse polos/as asociados/as asistentes, sempre que concurran a metade mais un do total na primeira convocatoria ou transcorrida media hora en segunda convocatoria, con calquera número de asistentes.
Artigo 29º.- Os acordos adoptados deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple dos asistentes ou representados, excepto os relativos os apartados 1 ó 7 do artigo 27, que requerirán maioría de dous tercios. A continuación levaranse os acordos ó libro de Actas e asignara o/a Presidente, o/a secretario/a da Asemblea. A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asamblea Xeral e aprobada por maioria.
Artigo 30º.- Os acordos adoptados conforme os preceptos anteriores obrigarán a tódolos/as asociados/as, incluso ós/ás non asistentes.
As sesións se abrirán cando así o determine o Presidente. Seguidamente se procederá por parte do Secretario á lectura da acta da Asamblea anterior que deberá ser aprobada.
Posteriormente o Secretario procederá a plantexa-la orde do día. Cada punto será informado polo membro da Xunta directiva que lle corresponda, procedéndose a aprobación nos termos contidos nestes Estatutos, segundo a materia de que se trate.
Unha vez rematados todolos asuntos da orde do día se procederá, se a presidencia o considera oportuno ou o solicitan un 10% dos asociados inscritos no libro de membros, a facer un turno de rogos e preguntas e adopción de acordos, concluido o que se levantará a sesión por parte do Presidente.
Artigo 31º.- Os acordos que vaian contra estes Estatutos ou infrinxan os fins da Asociación poderán ser recurridos en reposición perante a asamblea Xeral. A partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita a vía para recurrir perante a xurisdicción ordinaria.
Artigo 32º.- O Presidente da Xunta Directiva terá, ademais das facultades consignadas no artigo 17º, as seguintes atribucións:
a) Presidir e levanta-las sesións que celebre a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral, dirixi-las deliberacións dunha e outra, decidindo con voto de calidade, en caso de empate.
b) Propoñe-lo plan de actividades da asociación á Xunta Directiva, impulsando e dirixindo as súas tarefas.
c) Ordea-los pagamentos acordados validamente.
d) Representa-la Asociación perante calquera organismo público ou privado.
e) Firma-las actas, certificados, pagos e outros documentos da Asociación xunto co Secretario ou membro da Xunta Directiva a quen lle corresponda a elaboración do documento de que se trate.
O Presidente será asistido nas súas funcións por un Vicepresidente, que, ademais, sustituiralle nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.
Artigo 33º.- O Secretario recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o libro rexistro de asociados e terá ó seu cargo a dirección dos traballos administrativos da Entidade. Correspóndelle asi mesmo notifica-las convocatorias e custodia-las actas e expedir certificacións das mesmas co visto e prace do Presidente.
Ó Secretario correspóndelle tamén levar o inventario dos bens da asociación nun libro establecido ó efecto.
Artigo 34º.- O Tesoreiro recadará e custodiará os fondos pertencentes á Asociación, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o Presidente, dirixirá a contabilidade da Asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e dos gastos asociativos, participan en tódalas operacións de orde económico.
O tesoureiro ten a obriga de proceder ó peche do exercicio presupostario antes do 15 de decembro, co fin de que as contas estén a disposición dos membros da Asociación nos quince días anteriores á celebración da Asamblea Ordinaria.
Artigo 35º.- Os Vocais no número que determine a Asemblea Xeral terán as seguintes atribucións:
1. Realizar programas e propostas na súa área de actuación.
2. Desempeña-los traballos que lle sexan encomendados pola Xunta Directiva.
CAPÍTULO IV – RÉXIME ECONÓMICO
Artigo 36º.- A Asociación no momento de inicia-las súas actividades non dispón de patrimonio propio. O peche do exercicio económico coincidirá co do ano natural.
Artigo 37º.- A Asociación funcionará en réxime de presuposto anual. O borrador de presuposto será elaborado polo Tesoreiro da Asociación, que deberá telo preparado antes do un de xaneiro de cada ano, a fin de que poda ser aprobado na Asamblea Xeral Ordinaria.
Artigo 38º.- A Asociación manterase dos seguintes recursos:
1. As cuotas periódicas dos/as sociados/as.
2. As cuotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola Asemblea.
3. As doazóns ou subvencións que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares.
4. Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da asociación.
5. Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.
Artigo 39º.- As cuotas ordinarias acórdanse pola Asemblea Xeral ordinaria, a proposta da Xunta Directiva non sendo reintegrables en caso algún e adicándose a atende-las necesidades da Asociación.
Artigo 40º.- Anualmente con referencia ó ultimo día do ejercicio económico de cada ano, elaboraranse as contas, que se formalizarán nunca memoria, que será posta a disposición dos/as asociados/as, durante un prazo non inferior a 15 días ó sinalado para a celebración da Asemblea Xeral ordinaria, que deberá aprobalo ou censuralo.
Artigo 41º.- Anualmente no tempo que establece o artigo 25 será aprobado o orzamento pola Asemblea Xeral ordinaria.
Artigo 42º.- Para a disposición de fondos das entidades bancarias onde a Asociación teña depositados os mesmos, terán recoñecidas as sinaturas na entidade bancaria correspondente o Presidente e o Tesoreiro, para a utilización conxunta deles.
Artigo 43º.- Como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuidos entre os/as asociados/as os recursos obtidos pola Asociación.
CAPÍTULO V – DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
Artigo 44º.- O Regulamento de réximo interno, no seu caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas directamente nos presentes Estatutos, non podendo ir en ningún caso en contra do estipulado nos mesmos. En todo caso o funcionamento interno da Asociación estará sometido ó ordenamento xurisdiccional civil.
CAPÍTULO VI – MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN
Artigo 45º.- Os presentes Estatutos poderán ser modificados a proposta da Xunta Directiva ou ¼ dos socios. A convocatoria da Asemblea Xeral extraordinaria estará acompañada do texto coas modificacións propostas, abríndose un prazo de 7 días para calquera socio/a poida dirixir á Secretaria as propostas e emendas que estime oportunas. Éstas complementarán a documentación da citada Asemblea e serán entregadas cunha antelación mínima de 3 días á realización da mesma.
Artigo 46º.- Para ser aprobada a reforma dos Estatutos será necesario o voto favorable dos 2/3 dos membros da Asemblea Xeral de socios.
Artigo 47º.- A Asociación disolverase polas seguintes causas:
1. Pola vontade dos asociados/as acordada polas 2/3 partes dos mesmos/as.
2. Por outras causas determinadas legalmente.
3. Por sentencia judicial.
Artigo 48º.- Acordada a disolución, a Asemblea Xeral extraordinaria designará tres asociados/as liquidores, que xunto o/a Presidente e o/a Tesoreiro/a, procederán a efectuar a liquidación dos bens, pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante.
Artigo 49º.- O haber resultante unha vez efectuada a liquidación, doarase a outra Asociación non lucrativa e inscrita na Comunidade Autónoma que teña os mesmos ou similares fins ós desta Asociación.
O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscripción da disolución da Asociación.
El ex-presidente Rubén López Maceiras pasa a ser miembro de la Asociación Espagnola de Savate, siendo incompatible con cualquier cargo en la AGS, forzando una asamblea para elegir Comité director.
En la Asamblea del 28 de Agosto de 2009 quedo definida la Junta Directiva de la manera siguiente:
Presidente:
David ARES SÁNCHEZ
Secretario:
Ahmed BENZEBIDA
Tesorero:
Maximiliano BARRIENTOS
El Director Técnico:
Miguel BORDERA PASCUAL